O decano en funcións da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Xulio Pardellas, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída de CultuKata’09, a semana de accións culturais que precede á festividade da patroa do centro, Santa Catarina de Siena. Foi, como el mesmo sinalou, o seu primeiro acto na facultade desde que tomou o relevo de Alberto Pena. O profesor de Economía quixo aproveitar a ocasión para, recordando os coñecementos que John Maynard Keynes esixía nun bo economista, animar ao alumnado “a adquirir coñecementos de publicidade, comunicación e xestión, pero tamén a saber divertirse”. Así, e cun “Viva SantaKata!”, Pardellas inaugurou oficialmente CultuKata09.
16/04/2009