Unha figura senlleira, con vocación docente e ampla traxectoria como escritor, intelectual e investigador. Un campus universitario caracterizado polas humanidades, o ensino, o deporte, a comunicación e o medio natural. Son as dúas forzas que, desde 1997, levan guidando o labor da Cátedra Filgueira Valverde, e cuxos últimos froitos, aqueles traballos realizados entre 2005 e 2007, recóllense nun volume presentado este martes. O vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area; o subdirector xeral de Caixanova, Antonio Gómez Rivera; o presidente da Fundación Filgueira Valverde, Fernando Filgueira e Carlos Valle, secretario da cátedra, foron algúns dos representantes das entidades vinculadas a esta iniciativa que estiveron presentes no acto.
17/03/2009