A primeira xornada do ciclo, Chámalle X, meteuse de cheo a coñecer a realidade da performance en Portugal e o modelo do espazo Maus Hábitos da man do seu director, Daniel Pires. Ao mesmo tempo, Zaida Gómez e Julio Fernández poñían en marcha a primeira fase da súa acción Faite público, captando colaboradores para a súa perfomance e que terá a rede como soporte de difusión. A directora da Área de Extensión Cultural e Estudantes, Ana Belén Fernández Souto; o secretario da Facultade de Belas Artes, Juan Carlos Meana e o director do ciclo, Carlos Tejo, foron os encargados de inaugurar a quinta edición de Chámalle X.
25/11/2008