Enmarcada no ciclo de conferencias que a Universidade organiza en colaboración coa Escola Naval Militar de Marín a través da Cátedra Álvarez-Ossorio, tivo lugar unha charla da man do xefe de persoal, Emilio José Nieto Manso, para afondar no liderado na Armada: a súa orixe, a situación actual e o seu uso como ferramenta de motivación. Segundo explicou o almirante na conferencia, “trátase da arte de influír sobre as persoas para que traballen con entusiasmo na consecución dos nosos obxectivos”, afirmou no auditorio da Deputación Provincial. Ademais, ao longo da intervención, o convidado tivo tempo para explicar as características do que sería un líder modélico e que segundo as súas propias verbas “debe ser un bo profesional, carismático, entusiasta, comprometido coa institución e orgulloso de pertencer a ela, cuns sólidos cimentos éticos e morais, con iniciativa e capaz de enfrontarse a un entorno que muda constantemente”, destacou Emilio J. Nieto.
29/05/2008