O I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares, Fronteiras 07, chega á súa parada final en Galicia, coa inauguración dunha exposición que recolle os traballos realizados no marco do evento. A Casa das Campás e a sala X da Facultade de Belas Artes acollerán, ata o vindeiro 13 de novembro, as obras dos dez artistas que participaron nas residencias da Illa de San Simón e a vila portuguesa de Nodar. Unha vez clausurada a mostra en Pontevedra, Fronteiras 07 viaxará, o vindeiro 20 de novembro, ás Termas de San Pedro do Sul en Portugal.
03/10/2007