“Na actualidade o poder político non se concibe sen a comunicación”. Con esta afirmación o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e coordinador do II Seminario Ibérico de Investigación en Comunicación, Alberto Pena, resumiu a importancia que os labores de comunicación están a acadar na vertente política, de aí que a segunda edición destas xornadas, que se celebran este martes no Castelo de Soutomaior, teñan como eixo principal o binomio política e comunicación. Deste xeito, “o seminario pretende afrontar a realidade portuguesa e española da relación entre poder político e comunicación, a que é cada vez máis intensa, máis dinámica, máis polémica e máis necesaria”, explicou o organizador.
20/12/2010