Unha diferenza de segundos pode supor o éxito ou o fracaso dun rescate na auga. Co propósito de mellorar o protocolo de actuación da profesión de socorrista, investigadores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte coñecedores do medio acuático, decidiron unir forzas e crear o grupo de investigación Remoss, Rendemento e motricidade do salvamento e socorrismo, pioneiro a nivel internacional en avaliar os parámetros fisiolóxicos do rescate acuático e as posibles consecuencias que teñen sobre a intervención no afogado. “Somos innovadores na metodoloxía que estamos a empregar no ámbito do socorrismo, tentando valorar cientificamente a calidade das manobras de primeiros auxilios realizadas polo rescatador para redundar nunha mellora na intervención sobre a persoa que sofre o afogamento”, explica Roberto Barcala, investigador principal do grupo.
30/10/2012