Ao igual que a todo o mundo lle gusta saber o que os demais pensan del, as empresas destinan millóns de euros para coñecer esa información coa finalidade de influír sobre as preferencias do seu público. Sen embargo, internet está modificando o fenómeno comunicativo e xa non resulta tan sinxelo que as marcas controlen a súa imaxe, pois a rede pon a disposición do consumidor ferramentas para expresarse libremente. Sobre esta nova forma de entender a comunicación reflexiona Paul Capriotti, referente nacional no campo da imaxe corporativa, para destacar que as novas tecnoloxías “provocan que as marcas perdan o control sobre a súa reputación tendo que compartir o poder co seu público, algo revolucionario ata o de agora”, explica.
13/01/2012