Como “un éxito en todos os sentidos”, definiu Ana Belén Fernández Souto, responsable da Área de Extensión Cultural, Deportiva e de Comunicación do Campus de Pontevedra, o XI Maratón de Zumba Solidario, que a Vicerreitoría levou a cabo na noite deste xoves no Pavillón Universitario, onde se chegaron a reunir preto de 180 persoas dispostas a facer algo de exercicio e a divertirse coa práctica dunha actividade física que combina os movementos aeróbicos con pasos de baile. O único que se lles pedía a cambio era que doasen cando menos un quilo de alimentos, ao que as persoas participantes responderon con creces, xa que se lograron reunir nada menos que 340.
13/12/2013