O domingo podería conseguir o seu terceiro Goya, o primeiro como mellor guionista, pero deberá enfrontarse a profesionais da altura de Pedro Almodóvar, Icíar Bollaín ou Benito Zambrano. Ángel De la Cruz, director e guionista galego e profesor do Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais da Universidade de Vigo, acode a esta vixésimo sexta edición dos Premios Goya co filme Arrugas, tamén nominada na categoría de mellor película de animación. Tras volver da Berlinale, Ángel de la Cruz comenta para o Duvi as súas expectativas ademais de valorar a formación audiovisual da Universidade.
16/02/2012