O campus de Ourense acolle este luns, martes e mércores a celebración do VI Seminario internacional sobre democracia, cidadanía e estado de dereito. A iniciativa é froito da cooperación académica entre grupos de investigación da Universidade de Vigo, a Universidade Estadual de Londrina, en Paraná, Brasil, e da Universidade Federal Fluminense, de Río de Janeiro, do mesmo país.
11/03/2025