O grupo Teatro Universitario do Porto (TUP) recibiu o Premio Carlos Couceiro desta 15ª Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) grazas ao seu espectáculo Alan, unha obra baseada no universo do pianista, cantante, compositor e actor estadounidense Thomas Alan Waits. O Premio do Público foi para a Aula Universitaria de Santiago que presentou na mostra a obra As Cuñadas, orixinal de M. Tremblay e baixo a dirección do dramaturgo Roberto Salgueiro. Benito Losada, director da Casa da Xuventude, recibiu o Premio de Honra.
30/04/2010