O Liceo de Ourense acolleu este mércores unha charla-coloquio de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, titulada O campus de Ourense e o Campus Auga, comprometidos co futuro da provincia, organizada polo Foro Liceo coa colaboración da UVigo. Nela, o responsable académico analizou os retos inmediatos deste campus, con especial énfase no seu crecemento, subliñando a súa “extraordinaria vitalidade” e o seu “futuro prometedor”.
03/05/2023