Coa adaptación dos estudos universitarios ao Plan Boloña, xurdiron no alumnado necesidades formativas específicas aos que os centros deben dar resposta fóra da súa programación de materiais. É o caso das competencias transversais, habilidades persoais, como as comunicativas, que os estudantes teñen que desenvolver para ter éxito académico e profesional. Para dar resposta a estas demandas, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense organizará en febreiro tres obradoiros nos que afondará en temas como a xestión eficaz do tempo, a redacción de traballos e a busca de emprego.
17/01/2012