Zaki Akel Sobrinho, reitor da Universidade Federal de Paraná, en Brasil, visitaba recentemente o campus de Ourense e se reunía cos responsables dos seus centros co obxectivo de abrir liñas de colaboración en mobilidade de alumnado, en investigación e dobres titulacións. Con esta visita, que se repetiría logo co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, cuaxaba case unha década de colaboración entre a universidade brasileira e o mestrado en Turismo da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. Unha colaboración que foi medrando ano a ano e que amosa como se van cociñando as relacións con institucións foráneas.
27/10/2011