Como docente, investigador, asesor, emprendedor e divulgador, Javier García Martínez, director do Laboratorio de Nanotecnoloxía Molecular da Universidade de Alacante, conta cunha dilatada traxectoria profesional que o converte nun exemplo a seguir para outros investigadores. Este xoves acudiu ao campus de Ourense para contar a historia da súa viaxe persoal no eido da transferencia, unha historia de éxito que lle levou a crear, froito da súa investigación en Estados Unidos, unha empresa de base tecnolóxica na que agora traballan 40 persoas e que acadou 47 millóns de investimento de capital risco.
24/11/2011