A industria agroalimentaria enfróntase ao reto de xestionar os seus residuos e faino, entre outras liñas de actuación, buscando a través da I+D novos usos para os subprodutos que xera. É o caso da palla de cereal. Os cambios nos usos dos terreos agrícolas, máis orientados actualmente á obtención de alimentos e de biocombustible, traen consigo a necesidade e a oportunidade de aproveitar os residuos de cultivos de cereais como o trigo, a cebada ou a avea. Investigadores da Universidade de Vigo colaboran nun proxecto da Universidade de Córdoba que traballa na obtención de nanofibras de celulosa, actualmente obtidas principalmente de especies madereiras, destes residuos agrícolas. Os resultados desta investigación conxunta veñen de ser publicados na revista Bioresource Technology, nun artigo titulado asinado por F. Vargas, E. Domínguez, C. Vila, A. Rodríguez Pascual e Gil Garrote, investigador este último da Facultade de Ciencias do campus de Ourense.
02/12/2015