O Parque do Milenio da cidade de Ourense acolleu este venres a celebración do II Día do Olimpismo Galego, unha cita coa que se pretende non só recoñecer e fomentar este movemento senón tamén os valores asociados a el, como o esforzo, a amizade, o respecto, o xogo limpo, a capacidade de superación e o equilibrio entre corpo e mente. Organizado pola Academia Olímpica Española, do Comité Olímpico Español, e os centros de estudos olímpicos das tres universidades galegas en colaboración co Concello de Ourense, durante o acto recoñeceuse o fomento destes valores na cidade das Burgas e o labor feito por persoas e entidades na difusión do deporte.
16/09/2016