As clases están a piques de rematar, comezan os exames finais e as vacacións están á volta da esquina. O curso académico 2010/2011 entra na súa fase final e para celebralo, ou para enfrontalo con máis forza, o campus de Ourense celebra o sábado, día 21 de maio, un concerto de fin de curso a cargo do grupo La Bien Querida. Con el comeza tamén a nova programación musical do campus, que quere reforzar o protagonismo da música na súa programación cultural e na formación integral do alumnado. Como un anticipo desta aposta musical, La Bien Querida tocará os temas dos seus discos Fiesta e Romancero no Teatro Principal.
18/05/2011