Cada ano a Universidade de Vigo e a Deputación Provincial de Ourense asinan un convenio de colaboración no que se establecen diferentes liñas de traballo en eidos como a cultura, a investigación e a formación no campus de Ourense. Co gallo de analizar e de avanzar nos programas que se incluirán no acordo deste ano, este martes reuníronse María Lameiras, vicerreitora do campus, e Manuel Baltar, presidente da Deputación. Os programas de colaboración que se porán en marcha en 2012 refírense ao desenvolvemento de equipos de investigación, actividades culturais e deportivas, cursos de extensión universitaria e mobilidade de alumnos.
07/03/2012