Un encontro de poetas, amantes da literatura e amigos cunha copa de viño na man. Así se presenta Tasca e Literatura 2012. Edición Especial que acollerá, por primeira vez, o Café Cultural Auriense o venres 1 de xuño. Esta cita de referencia cultural no Carballiño sairá do seu escenario habitual para traer á cidade de Ourense a un grupo de nove poetas que ofrecerán un recital no que o público asistente estará especialmente convidado a participar, ademais de gozar da boa compaña e das creacións literarias dos escritores presentes. Participarán O Leo, María Lado, Concha Rousia, Vítor Piñal, Guillerme Alén, Mª Xosé Vázquez, Belén de Andrade, Sonia Moral e Víctor de Guliás
28/05/2012