Campus da Auga ConVida. Así é como se denomina dende hai pouco menos dun mes o Campus ConVida, que cambiou de nome para pasar a integrarse no proxecto do Campus da Auga e evitar posibles erros nas denominacións. “Era un mandato do Consello de Campus para evitar confusións coas nomenclaturas dos campus de especialización, non só do ourensán, senón do resto existentes”, sinalou o vicerreitor, Virxilio Rodríguez. Deste xeito, este proxecto pasa a formar parte do elenco de actividades culturais, deportivas... do Campus da Auga aínda que cun carácter específico, “polo que se lle mantén o apelido de ConVida”.
18/12/2014