As páxinas webs das facultades e escolas universitarias tense convertido nos últimos anos nunha ferramenta fundamental de información e comunicación, tanto de cara aos públicos internos como externos. Por este motivo, cada día é maior o coidado que se fai da súa imaxe e contidos. Co obxectivo de mellorar a súa presenza en Internet, a Facultade de Dereito do campus de Ourense presentou este venres as súas novas páxinas webs, concretamente as do centro, a da delegación de alumnos, a do mestrado e as do profesorado. O novo espazo, destacaron os seus responsables, é o froito dun largo e intenso traballo levado a cabo durante este curso académico.
25/04/2014