A segunda edición do congreso sOpA, que arranca este luns 22 en Celanova, baséase na “cultura libre”, e é por iso que fronte a formatos ríxidos e puramente científicos, este Congreso internacional sobre educación e socialización do patrimonio contará coa participación tanto de investigadores e expertos como de colectivos sociais de España, Portugal, Francia, Reino Unido, México, Arxentina, Perú, Uruguai, Chile e Azerbaián, que debaterán sobre novas formas de relacionarse co patrimonio e novas estratexias para poñelo en valor. En total, asistirán arredor de 200 persoas ao longo de cinco días de debates, intercambio e experiencias compartidas nun evento en cuxa organización está involucrada da Facultade de Historia.
19/09/2014