Por descubrir unha nova afección, por curiosidade, por coñecer xente, por relaxarse, por divertirse, por aprender algo diferente. Son moitos os motivos polos que desde a Vicerreitoría do Campus de Ourense animan á comunidade universitaria e ás persoas de fóra dela a inscribirse no seu programa de obradoiros que comeza o 21 de febreiro. Son 18 talleres que abranguen temáticas tan diversas como a cestaría, a danza, o teatro, a astronomía, a animación, a fotografía dixital ou a estética. Unha programación que busca ofrecer actividades complementarias interesantes para a comunidade universitaria e para persoas alleas a ela.
17/02/2011