O campus acolle neste segundo cuadrimestre a 17 novos estudantes procedentes do estranxeiro que decidiron completar os seus estudos en Ourense. A maioría proceden de Italia e Brasil pero tamén hai mozos e mozas que viaxaron dende Alemania, Francia, México, Eslovenia, Polonia e Uruguai. Eva Garea, técnico superior de Relacións Internacionais, foi a encargada de darlle a benvida a este novo alumnado xunto cos responsables dos distintos servizos para darlles conta das posibilidades de formación e tempo libre que teñen no campus.
18/02/2010