“O poeta procura a música como algo vital”. Con esta premisa e como poeta que é, o escritor ourensán Francisco Fernández Naval, Chisco, inaugurou este luns os XXI Encontros Literarios do Liceo afondando na intensa relación entre música e literatura, tema destes encontros. Para facelo, Fernández Naval valeuse de dous elementos que lle son moi familiares e queridos, como son o canto dos paxaros e o son da choiva, e fixo un percorrido por como as sensibilidades doutros escritores recolleron esta frutífera simbiose entre as artes. O cantautor Aute e o tamén escritor Xosé Carlos Caneiro serán os seguintes protagonistas desta cita literaria ourensá.
25/01/2011