Coa intención de abordar cuestións de máxima actualidade referidas á regulación xurídica do mercado, entendido este como o lugar onde se desenvolven as transaccións comerciais, e a empresa, no tocante ao operador que realiza actividades nese espazo, a Facultade de Dereito acolle hoxe e mañá a I Xornada Dereito, mercado e empresa. Segundo a súa directora, Ana María Tobío, catedrática de Dereito Mercantil, este curso servirá para dar a coñecer distintos aspectos “de grande interese e ademais propicia un punto de debate e reflexión”, comentou durante a inauguración.
31/03/2009