“O futuro pasa por unha verdadeira simbiose entre a universidade e a empresa, unha simbiose da que moitos falan pero que poucos practican”. Así explica Senén Paz, director do departamento de I+D da empresa Gairesa, a súa visión da importancia da transferencia de coñementos entre o ámbito académico e o privado. Paz, xunto a Perfecto Paseiro, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, achegouse este mércores á Facultade de Ciencias para falar sobre como afectan os envases aos alimentos que conteñen. Unha oportunidade na que puideron deixar de manifesto o frutífera que pode ser a relacion universidade-empresa.
26/01/2011