Nos tramos finais dos ríos Sil e Miño, entre Lugo e Ourense atópase o espazo protagonista da Ruta Cultural desta fin de semana, a Ribeira Sacra. A paraxe caracterizada por ladeiras moi empinadas e fondas depresións, presenta un atractivo cultural e paisaxístico incomparable do que poderán gozar “os 100 participantes da ruta”, sinalou José García-Calvo, coordinador da andaina. O percorrido de 20 quilómetros, pasará no seu itinerario por Esgos, Arcos, a Virxe do Monte, Vilouxe e rematará no mosteiro de Santa Cristina.
27/03/2009