“Novas ferramentas de traballo para vellos problemas”, isto é o que ofrecen as I Xornadas Galegas de Patoloxía Dual, segundo Antonio González, secretario da Facultade de Ciencias da Educación. A patoloxía dual psíquica é unha problemática que existe desde sempre, sen embargo non hai un coñecemento profundo sobre ela nin os recursos axeitados para abordar a situación. A través destas xornadas preténdese “divulgar unha nova cultura de prevención e rehabilitación, soamente coñecendo o alcance do problema se poderán desenvolver accións para loitar contra el”, destacou Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, durante a inauguración do curso.
28/11/2008