Os medios de comunicación, os espectáculos deportivos e os produtos turísticos son tres sectores que camiñan da man. De feito, as actividades deportivas e turísticas conlevan unha importante vertente empresarial e económica. E os medios de comunicación acadan tamén un protagonismo significativo á hora de promocionar destinos turísticos.Todas estas cuestións centrarán unha nova edición, a sétima, do curso de Extensión Universitaria Deporte, Empresa e Sociedade, organizado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e que se presentou hoxe na Aula Socio-Cultural de Caixa Galicia. O curso terá lugar os días 28, 29 e 30 de outubro no Edificio Xurídico-Empresarial do campus de Ourense, e no mesmo poden participar tanto os alumnos da Universidade como o público en xeral.
21/10/2009