“Mulleres con soños que se viran en pesadelos. Mulleres, prostitución, poder económico, redes. Mulleres tratadas desde a máis extrema indiferenza, violadas, forzadas, escravas. Mulleres coma ti, coma min, como a túa veciña, a túa filla, irmá, nai, avoa…mulleres como mercadoría, enganadas, roubadas…milleiros de mulleres, mulleres…”. Deste xeito tan cru se presenta Ama-dor, una peza teatral das compañías Asta e Trécola Teatro que este xoves se representa no campus de Ourense e que afonda no tráfico de seres humanos na actualidade. A representación terá lugar ás 20.00 h na Sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro.
07/11/2013