Enxeñarías nos eidos de telecomunicación, aeronáutica, informática, industrial e minas e enerxía e liñas de actuación estratéxicas en formación, investigación, innovación e transferencia. A Universidade de Vigo está presente no I Congreso Internacional de Drones, que desde este venres e ata o domingo se celebra en Expourense, co obxectivo de visibilizar e dar pulo ao potencial que a institución académica está despregando neste emerxente sector. Os drones, subliñou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, na inauguración da cita, supoñen “unha grande oportunidade e desde a Universidade estamos preparados para aproveitala”. O congreso foi organizado pola Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións en Ourense co obxectivo de potenciar “un dos sectores máis en alza da comunidade galega”.
31/03/2017