O turismo e as decisións dos turistas móvense en base a información, información dos lugares, das actividades, dos voos, dos prezos... Por este motivo, non é de estrañar que Internet estea a xogar cada día máis un papel decisivo neste sector. Os potenciais clientes acoden á rede para buscar datos e opinións e para contratar os mellores servizos ao mellor prezo. Neste contexto, os portais de reservas de aloxamento online estanse convertendo nos novos intermediarios da distribución turística, en substitución dos tradicionais offline, como axencias de viaxes. Investigadores do campus de Ourense estudan o papel crecente destas páxinas web.
28/04/2015