A túa voz é importante, faite escoitar!. Para iso está o Coro Universitario do Campus de Ourense. Este é o lema elixido pola agrupación musical Schola Cantorum para animar ao novo alumnado a unirse a ela. “O único requisito que lle pedimos á xente é que teñan a valentía de achegarse, sen compromiso algún, aos nosos ensaios. De seguro que se veñen, quédanse”, destaca Xabier Álvarez, director da formación. Cada curso académico, explica, unha trintena de persoas se unen a este coro, que, puntualiza, racha tópicos tanto no seu repertorio coma nas súas accións. A súa primeira actuación será xa o día 26 de setembro, no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.
17/09/2013