O Cineclube Padre Feijóo vén de pór en marcha un novo Ciclo de Estreas en Versión Orixinal dedicado esta vez ao cinema latinoamericano. O certame comezará este mércores, 3 de febreiro, coa proxección da película uruguaia Gigante, dirixida por Adrián Biniez. O seguinte pase será o día 10 de febreiro coa proxección da película peruana La teta asustada, dirixida por Claudia Llosa. O filme chileno La buena vida, de Andrés Wood, pechará a iniciativa o día 27 de febreiro. O certame conta co apoio da Vicerreitoría do campus, entre outras institucións.
02/02/2010