A violencia de xénero en parellas estables é un fenómeno moi abordado desde os diferentes eidos. Sen embargo, apuntan os expertos, tamén existen outras formas de violencias de xénero, como é a exercida no marco das parellas non estables, coñecida como dating violence, e a agresión entre iguais no que o sesgo de xénero é importante, como é o acoso escolar. Para afondar nestes temas, especialmente no caso dos adolescentes, a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acollerá do 15 ao 18 de abril as Xornadas Internacionais Amor, Medo e Poder. Espazos Vitais sen Violencia.
08/04/2013