San Rosendo, José Calvo Sotelo, Vicente Risco, José Ángel Valente e así ata 25 son os nomes propios que compoñen a publicación Galegos de Ourense. A obra, editada pola Deputación Provincial de Ourense e coordinada por Jesús de Juana, Julio Prada e Domingo Rodríguez, docentes da Facultade de Historia do campus, nace co obxectivo de achegar ao público xeral a vida e a obra dalgúns dos máis senlleiros ourensáns que tiveron unha importante proxección alén da cidade e da provincia. “Son todos os que están, pero non están todos os que están”, advertiu Jesús de Juana durante a presentación este luns da publicación, que xa se anuncia terá un segundo tomo.
10/12/2012