Polo seu currículo e polos que foron os seus docentes e compañeiros, David Novoa está considerado un dos investigadores máis brillantes e con maior proxección de futuro dos formados na Universidade de Vigo. Na súa tese de doutoramento, presentada no campus de Ourense, describiu por primeira vez de xeito teórico un novo estado da luz, a luz fermiótica, e realizou a primeira proposta realista para a observación en laboratorio de este estado, descuberto xunto aos investigadores Daniele Tommasini e Humberto Michinel. Agora, desde o Centro de Láseres Pulsados Ultracortos Ultraintensos de Salamanca CLPU, continúa este traballo incorporándose á primeira liña mundial de láser e investigando a propagación e a aceleración de partículas con esta tecnoloxía en proxectos de posible aplicación directa na mellora das terapias oncolóxicas.
19/01/2012