Cando mercan un alimento os consumidores cada día máis queren saber cal é o seu valor nutricional, queren coñecer que tipo de sustancias e en que cantidade contén cada produto. Para avanzar no etiquetado do caso concreto do mel de Galicia, o Grupo de Investigación en Aerobioloxía e Apicultura da Universidade de Vigo realizou durante tres anos un exhaustivo estudo integral do mel que se produce nas diferentes zonas de Galicia. A investigación, alén de avanzar na información nutricional, chama a atención sobre os valores deste alimento máis aló do enerxético, destacando o seu aporte de minerais, vitamina C e antioxidantes.
16/11/2011