O deporte está dando á Universidade de Vigo grandes satisfaccións, como son nas últimas semanas o ascenso á división de honra do Iveco e o título de campións da liga galega do Campus Ourense de Rugby. A bos deportistas e bos equipos corresponde ter boas instalacións nas que adestrar, competir e facer canteira. Desde este xoves, a Universidade de Vigo e a cidade de Ourense contan cun novo recinto para este fin: as instalacións exteriores do campus, compostas por un campo de futbol-rugby e pistas de atletismo.
Ubicadas preto do centro da cidade, nacen para o fomento do deporte e para ser orgullo da comunidade universitaria e dos ourensáns. Salustiano Mato, reitor da Universidade, salientaba na inauguración que estas novas instalacións “amosan que a Universidade medra, e medra cóbado con cóbado coa cidade”.
24/02/2011