“Quero axudar a derrotar esta enfermidade, persoal e colectivamente. En ningún lugar está escrito que sexa invencible”. Con estas palabras Pasqual Maragall, ex presidente da Generalitat de Catalunya, define a súa loita contra a enfermidade do alzheimer desde que lle foi diagnosticada en 2007. O documental Bicicleta, cuchara, manzana, dirixido por Carles Bosch, recolle agora o seu testemuño con intelixencia, sinceridade e bo humor. A Intercultural súmase así á loita contra esta enfermidade, que se calcula afecta a 3000 ourensáns, coa proxección desta obra e o xoves día 2, ás 20.00 horas, no salón de actos do Edificio Politécnico.
01/12/2010