As xogadoras sénior de baloncesto afrontan este sábado un difícil partido contra as líderes da categoría, as viguesas do Compañía de María. O obxectivo do equipo é o de conseguir a vitoria xa que un resultado favorable aseguraríalles a segunda praza na táboa de clasificación e, con ela, as opcións á fase de ascenso. O equipo sénior de baloncesto masculino, pola súa banda, xoga este domingo contra o Cruz Alta, mentres que o combinado júnior de baloncesto masculino xogará tamén o mesmo día contra o Caixanova Rosalía de Santiago.
18/03/2010