Atopar puntos de encontro entre a empresa e a universidade para fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación. Nesta idea coinciden os investigadores e os empresarios que están a participar na segunda edición do Xornadas de Comunicación para investigadores, no campus de Ourense. Esta iniciativa, que continuará ata o 2 de decembro, foi inaugurada este martes por Juan Francisco Gálvez, vicerreitor do campus e Emilio Atrio, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo. Na súa intervención, Gálvez subliñou que “con estas xornadas queremos ser capaces de entrar en comunicación coas empresas da nosa contorna para elaborar proxectos de I+D”, e revelou ademais que, cada ano, “o campus de Ourense duplica a súa facturación en proxectos de contratación de I+D”. Na xornada interviñeron tamén Javier Pereiro, director de FEUGA e Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía e ex director xeral de I+D, para falar da colaboración e das relacións entre empresa e universidade en Galicia.
24/11/2009