Con 54 votos a favor, 18 en contra, dous en branco e dous nulos, Pedro Araujo foi elixido hoxe pola Xunta de Facultade como decano da Facultade de Ciencias para os próximos tres anos. Durante o seu mandato contará coa colaboración dun equipo novo, “xente que non tivo experiencia en cargos académicos, pero coas súas ganas, ilusión e, agardemos, o meu saber facer, levaremos a cabo un bo labor”, explicou o xa novo decano. Os seus compañeiros de viaxe serán os profesores Gil Garrote e Sidonia Martínez como vicedecanos e María Teresa De Castro como secretaria.
20/07/2009