Liñas de traballo, últimos avances, ámbitos desenvolvidos e perspectivas de cara ao futuro. En definitiva, unha posta en común sobre a investigación levada a cabo nos últimos 20 anos ao redor da historia e do territorio galego. Esta é a proposta que ofrecen as xornadas Historia e territorio: 20 anos de investigación sobre Galicia (1988-2008), que reúne a historiadores das tres universidades galegas para debater e intercambiar ideas sobre a súa disciplina, facendo unha revisión da produción científica das últimas dúas décadas nos ámbitos da historia e do territorio de Galicia. Segundo explicou María López, coordinadora das xornadas e directora do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, “esta produción está na base do progreso do coñecemento, producida grazas á planificación do traballo, ao emprego de novas fontes e metodoloxías, á investigación de novas temáticas e á interdisciplinariedade”.
24/06/2009