A tempada de baloncesto rematou e o Campus Universitario non puido cumprir os seu desexo de marchar de vacacións cunha vitoria no peto. O CB Mos Noribérica, primeiro clasificado da táboa, entrou con ganas no terreo de xogo, disposto a gañar o encontro e converterse en líder da tempada, sen embargo os xogadores ourensáns estiveron condicionados polas “tres baixas que víñamos arrastrando, o que fixo que saísemos con menos forza e non conseguísemos gañar o partido”, explicou o adestrador Javier Pérez. Por iso, o marcador decantouse polos rivais amosando un 58-64, a última derrota da tempada.
11/05/2009