Dúas semanas, 27 compañías chegadas de tres continentes, máis de 200 artistas e 30 espectáculos, son os ingredientes da 14ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, MITEU. Unha receita de éxito avalada polas anteriores edicións que converterá á cidade no centro das artes escénicas do15 e ata o 28 de abril en localizacións como o Teatro Principal, o Auditorio Municipal, o Café Auriense, a Librería Torga, o campus e incluso as rúas. Compañías, actores e actrices profesionais e universitarios, chegados dende Italia, Portugal, Guinea Bissau, Brasil, Arxentina e España, integran o cartel da MITEU que incorpa como novidade o teatro de sombras da man de Valeria Guglietti.
24/03/2009