Grazas ao éxito de convocatoria e a calidade dos relatores, repiten un ano máis os Encontros Literarios que acadan a décimo novena edición. Promovidos pola Deputación Provincial, o Liceo de Ourense e a Universidade de Vigo, a través da Cátedra Carlos Casares, os relatorios terán lugar os días 2, 3 e 6 de febreiro no Liceo.
O tema das conferencias será, nesta ocasión, O conto da literatura. A literatura do conto; “un acotamento sobre o xénero narrativo pero que a súa vez é moi amplo, xa que existen moitos subxéneros”, explicou Marcos Valcárcel, coordinador dos encontros.
30/01/2009